sábado, 22 de octubre de 2011

TÚNEL ACUEDUCTO DE ROMEOR - O CAUREL

Esta rutiña lévanos a outra mostra da incansable busca de ouro que realizaron os romanos nas nosas terras.

Enlace a vídeo de jrcasan

O día estivo estupendo para a visita porque non facía moita calor.
Buscabamos algo para facer nun só día. Fomos en coche ata Romeor, aparcamos e puñémonos a andar cara arriba, seguindo as indicacións dos carteis.
Mollamos un pouco as botas, porque o túnel estaba algo encharcado.

martes, 11 de enero de 2011

Visiter la Suisse !

Este é un soño para mín dende pequena porque vivín alí dous veráns con meus pais, que estaban de inmigrantes, a buscar o garabanzo.
Supoño que o mellor será visitar os cantóns francófonos ( je parle français, pero non italiano nin alemán ) e o que non vou perdoar é a visita á pequena localidade onde viviamos, que se chama Vouvry . Xa teño localizado o sitio no Google Earth, e parece que non cambiou apenas. Visitaremos tamén Lausanne...





London in Summer

Este é un plan que inicio hoxe sen ter moi claro cando vai poder ser levado a cabo.

Parece que un xeito bó para aforrar cartos é facerse coa tarxeta London Pass
que permite acceso a moitos monumentos e atraccións da capital inglesa e, adicionalmente, tamén pode incluir os transportes públicos.