martes, 27 de julio de 2010

Plan B para Setembro: PARQUE DE ORDESA E MONTE PERDIDO

Por si para setembro fixera calor de máis en Extremadura, imos ir pensando noutra posibilidade cara o norte. A falta de recabar a opinión dos máis novos, a Berto e a min pareceunos que unha boa opción serían os Pireneos e, dentro deles, que nunha semana non se da vistalo todo, o Parque Nacional.

ALOXAMENTO
Debido á limitación presupostaria, probablemente o mellor será o camping e, para poder viaxar sen tantos bultos, iremos a un bungalow.
Os campings que fun atopando:

  • en Boltaña ---70 € o bungalow de 5 prazas  pero está algo lonxe do parque
  • en Torla --non ten bungalows pero está mesmo no parque 
  • en Torla-- 80€ casiña de madeira para 4 // refuxio para 4: 55€ 
  • en Broto-- moi preto tamén  
  • en Bujaruelo --- 80€ casiña de madeira // 50€ cuarto para 4, no refuxio

      domingo, 25 de julio de 2010

      Viaxando a MONFRAGÜE

      En setembro, que xa fará menos calor, imos visitar o Parque Nacional de Monfragüe. ( enlace á wikipedia, en castelán, pero ao mellor algún día facemos a tradución)

      Qué imos buscando?
      • Anxo : "ver buitres e outros paxaros" (quero ser ornitólogo )
      • Alba : facer moitas fotos a todo ( Todo pode ser : un zapato, un pau, unha paisaxe, uns visitantes...)
      • Berto : facer unhas fotos coa nova cámara (despois poñerei algunha)
      • Teresa :  camiñar, tomar o aire, encherme de enerxía (espero que non da supercalorífica) 

      Onde imos durmir? ---sen decidir
      1º) dentro do parque (Villarreal de San Carlos), nas localidades veciñas (Malpartida de Plasencia, Toril, Serradilla, Serrejón, Torrejón el Rubio, Casas de Miravete e Jaraicejo) ou máis lonxe, en Plasencia....
      • no camping (Malpartida de Plasencia), en tenda (aprox 40€)
      • no camping, en bungalow (90€ = manda truco, qué caro!)
      • nunha casa rural
      • nun hoteliño (varios)
      Qué imos facer cada día?
      •  1º día: visitar o centro de visitantes do parque, en Villarreal de SC e inscribirnos nas rutas, cun día no medio entre cada, se pode ser. Ver cales dos servizos gratuitos do parque nos poden interesar
      • 2º día: 
      • 3º día: visitar Plasencia
      • 4º día: visitar 
      • GUÍAS PROFESIONAIS
      Por onde imos ir ? 

      Imos baixar dende Monforte, pola ruta da Prata e vainos levar cara jdfjksdfk horas.

      Qué equipaxe compre levar?
      • chuvasqueiro ( eu levoo, non vaia ser...)
      • gorra
      • bañador (no cámping e nalgún hotel hai piscina...)
      • botas de montaña
      • montes de calcetíns
      • camisetas
      • auga, que seica non é moi boa por alí