Esta rutiña lévanos a outra mostra da incansable busca de ouro que realizaron os romanos nas nosas terras.
Enlace a vídeo de jrcasan
O día estivo estupendo para a visita porque non facía moita calor.
Buscabamos algo para facer nun só día. Fomos en coche ata Romeor, aparcamos e puñémonos a andar cara arriba, seguindo as indicacións dos carteis.
Mollamos un pouco as botas, porque o túnel estaba algo encharcado.
VIAXANDO EN FAMILIA PARA DESCUBRIR O MUNDO
Preparación das viaxes que facemos e o resultado.
sábado, 22 de octubre de 2011
lunes, 9 de mayo de 2011
O MAESTRAZGO ARAGONÉS
PUNTOS DE INTERÉS:
- Mirambel
- Xeoparque ou parque xeolóxico de Aliaga
- Covas de Cañart
- Cova de Cristal
- Museo dos Dinosaurios
- Parque paleontolóxico de Galve
ONDE ESTÁ:
martes, 11 de enero de 2011
Visiter la Suisse !
Este é un soño para mín dende pequena porque vivín alí dous veráns con meus pais, que estaban de inmigrantes, a buscar o garabanzo.
Supoño que o mellor será visitar os cantóns francófonos ( je parle français, pero non italiano nin alemán ) e o que non vou perdoar é a visita á pequena localidade onde viviamos, que se chama Vouvry . Xa teño localizado o sitio no Google Earth, e parece que non cambiou apenas. Visitaremos tamén Lausanne...
London in Summer
Este é un plan que inicio hoxe sen ter moi claro cando vai poder ser levado a cabo.
Parece que un xeito bó para aforrar cartos é facerse coa tarxeta London Pass
que permite acceso a moitos monumentos e atraccións da capital inglesa e, adicionalmente, tamén pode incluir os transportes públicos.
miércoles, 17 de noviembre de 2010
martes, 27 de julio de 2010
Plan B para Setembro: PARQUE DE ORDESA E MONTE PERDIDO
Por si para setembro fixera calor de máis en Extremadura, imos ir pensando noutra posibilidade cara o norte. A falta de recabar a opinión dos máis novos, a Berto e a min pareceunos que unha boa opción serían os Pireneos e, dentro deles, que nunha semana non se da vistalo todo, o Parque Nacional.
ALOXAMENTO
Debido á limitación presupostaria, probablemente o mellor será o camping e, para poder viaxar sen tantos bultos, iremos a un bungalow.
Os campings que fun atopando:
ALOXAMENTO
Debido á limitación presupostaria, probablemente o mellor será o camping e, para poder viaxar sen tantos bultos, iremos a un bungalow.
Os campings que fun atopando:
- en Boltaña ---70 € o bungalow de 5 prazas pero está algo lonxe do parque
- en Torla --non ten bungalows pero está mesmo no parque
- en Torla-- 80€ casiña de madeira para 4 // refuxio para 4: 55€
- en Broto-- moi preto tamén
- en Bujaruelo --- 80€ casiña de madeira // 50€ cuarto para 4, no refuxio
domingo, 25 de julio de 2010
Viaxando a MONFRAGÜE
En setembro, que xa fará menos calor, imos visitar o Parque Nacional de Monfragüe. ( enlace á wikipedia, en castelán, pero ao mellor algún día facemos a tradución)
Qué imos buscando?
- Anxo : "ver buitres e outros paxaros" (quero ser ornitólogo )
- Alba : facer moitas fotos a todo ( Todo pode ser : un zapato, un pau, unha paisaxe, uns visitantes...)
- Berto : facer unhas fotos coa nova cámara (despois poñerei algunha)
- Teresa : camiñar, tomar o aire, encherme de enerxía (espero que non da supercalorífica)
Onde imos durmir? ---sen decidir
1º) dentro do parque (Villarreal de San Carlos), nas localidades veciñas (Malpartida de Plasencia, Toril, Serradilla, Serrejón, Torrejón el Rubio, Casas de Miravete e Jaraicejo) ou máis lonxe, en Plasencia....
1º) dentro do parque (Villarreal de San Carlos), nas localidades veciñas (Malpartida de Plasencia, Toril, Serradilla, Serrejón, Torrejón el Rubio, Casas de Miravete e Jaraicejo) ou máis lonxe, en Plasencia....
- no camping (Malpartida de Plasencia), en tenda (aprox 40€)
- no camping, en bungalow (90€ = manda truco, qué caro!)
- nunha casa rural
- nun hoteliño (varios)
Qué imos facer cada día?
- 1º día: visitar o centro de visitantes do parque, en Villarreal de SC e inscribirnos nas rutas, cun día no medio entre cada, se pode ser. Ver cales dos servizos gratuitos do parque nos poden interesar
- 2º día:
- 3º día: visitar Plasencia
- 4º día: visitar
- GUÍAS PROFESIONAIS
Por onde imos ir ?
Imos baixar dende Monforte, pola ruta da Prata e vainos levar cara jdfjksdfk horas.
Qué equipaxe compre levar?
- chuvasqueiro ( eu levoo, non vaia ser...)
- gorra
- bañador (no cámping e nalgún hotel hai piscina...)
- botas de montaña
- montes de calcetíns
- camisetas
- auga, que seica non é moi boa por alí
Suscribirse a:
Entradas (Atom)